GUADI GALEGO - ONÍRICOS E OUTROS DELIRIOS - SANTIAGO - XOVES 3 DECEMBRO en La Coruña
03/12/2026
Rúa do Preguntoiro, 35 15704, Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
Baixo o nome de Oníricos e outros delirios, Guadi Galego volta ás salas pequenas para propoñer unha experiencia na que recuperar a conexión e proximidade co público, ese será o eixo central do espectáculo. A cantante presenta catro concertos íntimos en formato trío nos que interpretará as cancións de Pélago. Contos oníricos, o seu último disco, xunto con algúns dos seus grandes éxitos e temas que nunca interpretou en directo. A artista galega propón unha experiencia exclusiva que só se poderá desfrutar o 13 e 14 de novembro na sala Auriense de Ourense e o 3 e 4 de decembro na sala Riquela de Santiago de Compostela.
Oníricos e outros delirios nace da necesidade de Guadi de poñer en valor o directo, poñendo ao público no centro da conexión entre a súa música e ela. Estes catro concertos están concibidos como unha experiencia íntima na que poder sentir de preto e achegarse ao xerme da música da cantante, nunha necesidade da propia artista de deixar de lado a celeridade do consumo para poder gozar de novo coa súa xente da conexión coa súa música sen artificios.
Para crear esta experiencia, Guadi Galego está a desenvolver un directo en formato trío xunto con Vic Moliner e Iago Carro. Para iso, o piano de Guadi e o baixo e os sintes de Vic terán un peso importante, buscando transmitir a verdade do que foi o proceso compositivo, achegando máis aos músicos e ao público,
Preguntas relacionadas con GUADI GALEGO - ONÍRICOS E OUTROS DELIRIOS - SANTIAGO - XOVES 3 DECEMBRO en La Coruña
¿En qué lugar se realiza el concierto GUADI GALEGO - ONÍRICOS E OUTROS DELIRIOS - SANTIAGO - XOVES 3 DECEMBRO en La Coruña?
El concierto se realiza en Sala Riquela en La Coruña.
¿En que fecha se realiza el concierto GUADI GALEGO - ONÍRICOS E OUTROS DELIRIOS - SANTIAGO - XOVES 3 DECEMBRO en La Coruña?
La fecha del concierto es 03 de Diciembre.
¿Cuándo es el concierto de Guadi Galego?
El concierto de Guadi Galego en La Coruña es el día 03 de Diciembre.
¿Dónde es el concierto de Guadi Galego?
El concierto es en Sala Riquela.



