Día Europeo da música 2023 en Pontevedra
Función única 25/06/2023
Praza Igrexa, 10 36202, Pontevedra, Vigo
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Día Europeo da música?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Día Europeo da música.
A Clásica pecha a temporada Escoitas e inaugura os concertos de verán coincidindo co Día Europeo da Música, que se conmemora o vindeiro 21 de xuño. O tradicional concerto da orquestra para festexar este día tan especial co público será o domingo 25 de xuño, ás 13:30 horas, na Concatedral de Vigo.
Seguindo co lema da temporada que remata, a Clásica propón neste programa contrapoñer dúas escoitas: o clasicismo de Mozart en Salzburgo e o nacionalismo de Grieg. Ademais, a orquestra tamén prepara unha sorpresa para completar o evento, no que o importante é compartir e achegar o amor pola música a todos os públicos, así como sacar a música clásica dos espazos máis convencionais, unha aposta clara na liña estratéxica da Clásica.
A entrada é de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket. Ademais, en caso de quedar espazo dispoñible ese día, tamén se poderá acceder por orde de chegada ata completar a capacidade.
Programa:
Cando: Domingo 25 de xuño ás 13:30h
Onde: Concetedral de Vigo
Entrada de balde previa reserva
Organiza: Orquesta Clásica de Vigo coa colaboración do Concello de Vigo.
Preguntas relacionadas con Día Europeo da música 2023 en Pontevedra
¿En qué lugar se realiza el evento Día Europeo da música 2023 en Pontevedra?
El evento se realiza en Concatedral de Vigo en Pontevedra.







