OUTONO CULTURAL '26 · Mofa & Befa: "Os dous de sempre" Coruña, A OUTONO CULTURAL '26 · Mofa & Befa: "Os dous de sempre" Coruña, A
Centro Social Polivalente
Av. de Sta. Minia, 46 - A Coruña ES

OUTONO CULTURAL '26 · Mofa & Befa: "Os dous de sempre" Coruña, A

09/10/2026

Salón de actos do Centro Social Polivalente

Av. de Sta. Minia, 46 15865, A Coruña, La Coruña

Duración: 90 min

SINOPSE

Moita xente, cando escoita a expresión "Os dous de sempre", no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo río do humor galego que ten a súa fonte nos bufóns e no escaio medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa fan parte da estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encaar dúas personaxes de papel, concibidas por un humorista gráfico: Os dous de sempre.



Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece noutras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor.



FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Quico Cadaval e Carme Varela
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Baltasar Patiño
Deseño sonoro: Beardo Martínez
Deseño iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Beardo Martínez
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Josito Porto

Preguntas relacionadas con OUTONO CULTURAL '26 · Mofa & Befa: "Os dous de sempre" Coruña, A

¿En que fecha se realiza el concierto OUTONO CULTURAL \"26 · Mofa & Befa: \"Os dous de sempre\" Coruña, A?

La fecha del concierto es 09 de Octubre.

¿Dónde es el concierto de Mofa?

El concierto es en Salón de actos do Centro Social Polivalente.

¿Dónde es el concierto de BEFA?

El concierto es en Salón de actos do Centro Social Polivalente.