OUTONO CULTURAL '26 · Amorodio Teatro: "Brazaletes" Coruña, A
13/11/2026
Salón de actos do Centro Social Polivalente
Av. de Sta. Minia, 46 15865, A Coruña, La Coruña
Duración: 60 minutos
SINOPSE
28 de setembro de 1975. Vellos Campos de Sport de "El Sardinero". Domingo de partido. O Racing de Santander recibe ao Elche na cuarta xoada do campionato de Primeira División. Dous xogadores do equipo local, Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, saltan ao terreo de xogo cuns brazaletes negros sobre as mangas esquerdas das súas equipacións. Un xesto pequeno, pero cargado de compromiso, que desafía á ditadura do moribundo xeneral Franco.
Brazaletes reconstrúe a historia dos últimos fusilamentos do franquismo e das reaccións da sociedade civil da época, a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política. Un espectáculo que mestura documento e ficción, humor e traxedia, memoria íntima e memoria colectiva, para lembrar que calar nunca pode ser unha opción.
FICHA ARTÍSTICA
Elenco: Javier Castiñeira
Direción: Santiago Cortegoso
Dramaturxia: Eesto Is
Iluminación: Violeta Martinez
Movemento escénico: Inés Santos
Espazo Sonoro: Vazone
Deseño de Vestiario: Carmen Facorro
Produce: Amorodio Teatro
Preguntas relacionadas con OUTONO CULTURAL '26 · Amorodio Teatro: "Brazaletes" Coruña, A
¿En que fecha se realiza el evento OUTONO CULTURAL \"26 · Amorodio Teatro: \"Brazaletes\" Coruña, A?
La fecha del evento es 13 de Noviembre.
¿Dónde actúa AMORODIO TEATRO?
Actuará en Salón de actos do Centro Social Polivalente.

