CORTELLO DE AMOR de Amorodio Teatro Coruña, A CORTELLO DE AMOR de Amorodio Teatro Coruña, A
Casa da Cultura de Outes
Av. San Campio, 1 - Serra de Outes ES

CORTELLO DE AMOR de Amorodio Teatro Coruña, A

26/09/2026

Auditorio Municipal da Casa da Cultura

Av. San Campio, 1 15230, Serra de Outes, La Coruña

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.



Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de caé xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5 na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou caé xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE DA OBRA

Jack e Rose, unha parella que ronda a trintena e que levan xuntos dende a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado.


Durante esa noite no rocho, descobren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar uns cartos extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha senlleira cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman niño de amor, reconectando como parella.


Todo vai sobre rodas mentres os nosos protagonistas acumulan cartos e soños de futuro, pero a todo porco lle chega o seu San Martiño: coa fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Virtudes (que aprecia moito o silencio, e ten algúns problemas de paranoia) parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investiu os cartos gañados, anúnciase un fracaso absoluto.


Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é un cortello, e todo o que fixeron, probablemente, unha merda.


CORTELLO DE AMOR é unha comedia moi galega, na que, con retranca, se trata unha problemática actual como é os disparatados prezos dos alugueiros así como o turismo non sostible.



Preguntas relacionadas con CORTELLO DE AMOR de Amorodio Teatro Coruña, A

¿En que fecha se realiza el evento CORTELLO DE AMOR de Amorodio Teatro Coruña, A?

La fecha del evento es 26 de Septiembre.

¿Dónde actúa AMORODIO TEATRO?

Actuará en Auditorio Municipal da Casa da Cultura.

¿Dónde actúa CORTELLO DE AMOR?

Actuará en Auditorio Municipal da Casa da Cultura.

Artistas relacionados Información del recinto Añade servicios Compartir evento
Facebook Twitter Linkedin