A VISITA do grupo municipal de teatro de Ames en Outes
Varias Fechas
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
Av. San Campio, 1 15230, Serra de Outes, La Coruña
As butacas dende a fila 2 ate a 9 non estarán dispoñibles na reserva online xa que están reservadas para a venda presencial e os bonos teatro.
CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharánse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden desfrutar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE
A vila de Güllen leva anos asolada pola miseria e a pobreza. Coas fábricas e a industria pechadas, aos güllenses só lles queda vivir do recordo de épocas mellores.
Sen embargo todo isto podería cambiar: a volta ao fogar dunha antiga veciña, a millonaria Clara Zachanassian, enche de esperanza os corazóns de toda a poboación. Clara marchou da vila cando nova, e fixo unha fortuna no estranxeiro, converténdose nunha das persoas máis ricas do mundo.
O destino de Güllen depende da súa visita.
Preguntas relacionadas con A VISITA do grupo municipal de teatro de Ames en Outes
¿En qué lugar se realiza el evento A VISITA do grupo municipal de teatro de Ames en Outes?
El evento se realiza en Auditorio Municipal da Casa da Cultura en La Coruña.
¿Dónde actúa A VISITA do grupo municipal de teatro de Ames?
Actuará en Auditorio Municipal da Casa da Cultura.







