Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV Pontevedra Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV Pontevedra
Concatedral de Vigo
Pontevedra ES

Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV Pontevedra

Unique function 11/04/2026

Concatedral de Vigo

, Pontevedra, Pontevedra

Daniel Sanmartín Nieto

Entérate antes que nadie

¿Quieres ver a Daniel Sanmartín Nieto?

Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Daniel Sanmartín Nieto.

Este programa evoca o dobre universo que marcou a Francia posterior ao Grand Siècle: dun lado, a Arcadia bucólica, cos seus praceres pastorís e danzas idílicas; doutro, o esplendor da corte, reflexo dunha orde xerárquica que exalta a través do simbolismo pastoril a figura dun rei taumaturgo. Así, a lira, emblema da música e da natureza idealizada, atópase co cetro, símbolo do poder real, nun diálogo sonoro onde o pastoril e o rexio se funden na linguaxe refinada do tardobarroco francés.

 


Programa:

Obras de Jean-Philippe Rameau, Mademoiselle Duval e Jean-Féry Rebel 

Orquesta Clásica de Vigo


Dirección ao cravo: Daniel Sanmartín Nieto


Daniel Sanmartín Nieto, director e clavecinista

Nado en Pontevedra, Daniel completa as ensinanzas profesionais de música en Percusión e Piano e, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, obtén os títulos superiores en Etnomusicoloxía e Musicoloxía Histórica baixo a titoría de Javier Jurado, coas máximas cualificacións e premio extraordinario fin de estudos. No Conservatorio Santa Cecilia de Roma acada cum laude os diplomas en Disciplinas Históricas, Críticas e Analíticas da Música —baixo a supervisión de Cecilia Campa— e en Cravo e Teclados Históricos —como discípulo de Enrico Baiano—, completando a súa formación cos títulos de Órgano e Composición Organística, baixo a guía de Alberto Pavoni, e Dirección, da man de Maurizio Ciampi. No ámbito académico, colaborou como relator con entidades como a Pontificia Universidade Lateranense, o Conservatorio de Roma, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, a Fundación G. P. da Palestrina ou a asociación Nuova Consonanza. Así mesmo, ten desempeñado diversas funcións editoriais en máis de trinta publicacións de carácter musical e musicolóxico. Cun interese artístico que se estende da música antiga ata a creación contemporánea interdisciplinar, ten ofrecido concertos como solista ao cravo, fortepiano e órgano en institucións como o Museo Nacional de Instrumentos Musicais de Roma, a sala académica do conservatorio da mesma cidade, a Fundación Varrone de Rieti, o Festival Inteacional de Percusión de Almería, o festival Un organo per Roma e o festival Híbridas de Santa Clara en Pontevedra —co acompañamento da Orquestra Clásica de Vigo—.

Colaborador habitual da Clásica, exerce como vicedirector artístico do festival organístico 8pés desde a súa primeira edición, do ano 2021.

Preguntas relacionadas con Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV Pontevedra

Where is the event Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV Pontevedra held?

The event takes place at Concatedral de Vigo in Pontevedra.

¿Where does Daniel Sanmartín Nieto perform?

Performs in Concatedral de Vigo.

Related artists
Location information Additional services Share event
Facebook Twitter Linkedin