“SEN PATRÓN” de Pistacatro Coruña, A “SEN PATRÓN” de Pistacatro Coruña, A
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
- ES

“SEN PATRÓN” de Pistacatro Coruña, A

Unique function 31/10/2026

Auditorio Municipal da Casa da Cultura

Casa da Cultura, Outes, Coruña, A

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.



Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de caé xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou caé xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE DA OBRA

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante.


Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.



Preguntas relacionadas con “SEN PATRÓN” de Pistacatro Coruña, A

What date does the event “SEN PATRÓN” de Pistacatro Coruña, A take place?

The event date is 31 de Octubre .