Moloch + Raposa en Vigo 36201 Vigo Moloch + Raposa en Vigo 36201 Vigo
Sala Kominsky
Vigo ES

Moloch + Raposa en Vigo 36201 Vigo

Various Dates

Sala Kominsky

Rúa Irmandiños, nº 3, Vigo, Pontevedra


Moloch tiene eventos activos en este momento.



Be the first to know about tickets for Moloch

Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.



MOLOCH son unha banda de rock progresivo e experimental nacida para homeaxear a obra de Jorge Cuña Casasbellas, o poeta maldito pontevedrés, rebelde e anárquico.

O seu primeiro traballo centrouse no segundo poemario homónimo do autor, proxecto experimental que naceu da colaboración co Brumario Poético de Pontevedra. Con el arrancou a producción e a publicación fonográfica do selo ArteCalavera da escola de música Estudo Bonobo onde os tres compoñentes da banda son profesores.

Agora, no seu segundo álbum, Moloch céntranse en Hipofanías, trioloxía poética de Jorge Cuña editada en 2003 en torno a contradiccións fundamentais e a desesperación que produce a súa evidencia, plena de sentido: vida-morte, xénese-destrucción, madre devoradora, horror-xúbilo, casa-natura,etc.

Con esta inspiración, á banda non lle queda outra que demostrar a súa rabia, a súa amargura e a súa melancolía. Isto é conseguido medianto os seus teclados progresivos, a distorsión e o ruido das súas guitarras xunto á contundencia sen miramentos das súas baterías. A voz de Laura flota fantasmal e terrenal por momentos. O mar, a montaña, o fogar, o amor e a morte, sempre presentes na obra de Cuña, e por suposto Galiza, campan ás suas anchas nos novos temas de Moloch.

Hipofanías e dado a conocer durante o Brumario Poético do 16 de octubre no Teatro Principal de Pontevedra. Está composto por oito cancións nas que poderás escoitar influencias de bandas como Radiohead, Tool o King Crimson. A súa portada está basada nunha peza creada ex profeso para a ocasión polo escultor Suso Dobao. Foi Grabado por Gonzalo Maceira en Estudo Bonobo e mezclado por Iago Lorenzo en Planta Sónica.


O retrato da raposa na mitoloxía e no folclore presenta este animal coma un ser astuto, unha estratega solitaria e enxeñosa, unha alegoría do triunfo da razón sobre a violencia. Dende as fábulas de Esopo até o imaxinario popular xaponés, o cosmos alegórico dunha inmensidade de culturas converxe nesta simboloxía do enxeño.

Porén, non se atopa carente de ambigüidades, a raposa flirtea co diabólico, domina as artes da transfiguración e, ás veces, se presenta antolladiza e lagarteira.

Neste espírito perspicaz, sutil, paradoxal e nun continuo proceso de transformación, atópase a senda musical do dúo pontevedrés RAPOSA integrado por María Villanueva e Rubén Abad.

Un proxecto consolidado sobre un cimento de corda pulsada, onde a versatilidade e virtuosismo de ambos compoñentes sobrevoa paisaxes batuxados por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución rebosante de matices e

delicadeza.

Este armonioso fundamento instrumental sustenta o extraordinario traballo melódico e narrativo das composicións que interpreta o dúo, esencialmente na voz de María Villanueva.

O material sonoro desprende equilibrio e proporción, música orixinal que evoca armonías pretéritas, exóticas e vernáculas; unha confección acústica concebida coma ofrenda e reivindicación do honesto e fermoso da natureza humana e da música como ferramenta de cambio social.

Rubén Abad, crónico asiduo á escena musical galega xunto a distintas formacións de corte ecléctico coma Trilitrate, Cró!, Es un Árbol, Peña, Orquestra Metamovida, etc., contribúe coa guitarra eléctrica, a guitarra clásica e o catro portorriqueño xunto á súa voz.

María Villanueva, integrante da banda do músico cántabro Jaime Velasco, do proxecto luso-galego Fonte Grande, do Dúo 2028 ou, baixo o seu propio estandarte, do cuarteto María Solita, aporta a súa guitarra clásica, a guitarra acústica e a súa voz.

Preguntas relacionadas con Moloch + Raposa en Vigo 36201 Vigo

Where is the concert Moloch + Raposa en Vigo 36201 Vigo held?

The concert takes place at Sala Kominsky in Vigo.

¿Where is Moloch's concert?

The concert is in Sala Kominsky.

Related artists
Location information Additional services Share event
Facebook Twitter Linkedin