KYOKI de Elefante Elegante Outes
Various Dates
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
Casa da Cultura, Outes, Coruña, A
ELEFANTE ELEGANTE tiene eventos activos en este momento.
Be the first to know about tickets for ELEFANTE ELEGANTE
Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.
CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA
KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao pu?blico infantil e familiar que aborda a tema?tica do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xapone?s e refi?rese a unha alteracio?n da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisio?ns. E? certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distraccio?n vestiu o xersei do reve?s?
KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avóa, a súa filla e a doutora.
A trave?s dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulacio?n de obxectos e na interaccio?n constante co dispositivo esce?nico, o especta?culo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.
O xogo teatral baséase no traballo plástico da corporalidade da intérprete e nunha rigurosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal, definindo unha secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un total protagonismo. A posta en escena fundaméntase deste modo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflexan desexos, sentimentos e tódolos estados dramáticos definidos.
Preguntas relacionadas con KYOKI de Elefante Elegante Outes
¿Where does ELEFANTE ELEGANTE perform?
Performs in Auditorio Municipal da Casa da Cultura.







