"Hamelin" COMPAÑÍA ARTEFEITO (GALICIA) Coruña, A
Unique function 24/05/2026
Teatro del Andamio
calle Suárez Ferrín 10 Bajo, A Coruña, Coruña, A
Hamelin tiene 1 eventos activos en este momento. VER EVENTOS DISPONIBLES
Be the first to know about tickets for Hamelin
Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.
Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero… Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.
Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal en colaboración con Carmen Conde e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.
ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA NEN@S A PARTIR DOS 3 ANOS
Duración: 50 min
Preguntas relacionadas con "Hamelin" COMPAÑÍA ARTEFEITO (GALICIA) Coruña, A
¿Where is Hamelin's concert?
The concert is in Teatro del Andamio.





