TUI entradas TEATRO | CORALINDA | Elefante Elegante Pontevedra
Einzigartige Funktion 30/10/2026
TEATRO MUNICIPAL | TUI
, ,
Elefante Elegante con “Coralinda”
O venres, 30 outubro, ás 19h o Teatro Municipal de Tui será o escenario de “Coralinda” o novo espectáculoda compañía Elefante Elegante.
Esta comedia xestual,creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro, vai dirixida a público familiar eestá interpretada como se fose de debuxos animados. Aborda a temática dainmigración e do medo ao diferente.
O espectáculo propón unhamirada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven aspersoas que viaxan lonxe da súa terra nabusca de mellores condicións de vida, e que por cuestións de raza, xénero ouclase social, sofren comportamentos discriminatorios.
A través dalinguaxe xestual, coa manipulación de obxectos e a interacción constante, o espectáculocrea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vidacotiá.
Coralinda conta ahistoria dun home que sempre vai vestido de gris e vive nun lugar gris. Todocambia cando chega unha muller cun colorido vestido e que non deixa a ninguénindiferente.
· Creación: María Torres eGonçalo Guerreiro
· Dirección de escena eescenografía: Gonçalo Guerreiro
· Elenco: Pablo Sánchez eMaría Torres
· Xénero teatro: físico
· Publico: familiar: +3 anos
· Duración: 45min
· Idioma: galego
· Prezos: 4€ - 3€



