Proxección e faladoiro "Adeus vista dos meus ollos" (29/10, 19h) Coruña, A Proxección e faladoiro "Adeus vista dos meus ollos" (29/10, 19h) Coruña, A
Galgo Azul Espazo Cultura
- ES

Proxección e faladoiro "Adeus vista dos meus ollos" (29/10, 19h) Coruña, A

Einzigartige Funktion 29/10/2026

Galgo Azul Espazo Cultura

Avda. Gramela 16-18, A Coruña, Coruña, A

XOVES 29 de OUTUBRO, 19.

00h. / Proxección e faladoiro coa súa directora

Proxección de "Adeus vista dos meus ollos" (45 min): Un documental, dirixido pola profesora Marisa Moreda, que nace co obxectivo de dar voz e visibilizar as historias e vivencias das crianzas que migran, que traen na súas retinas eses apegos que un día tan ben retratou Rosalía de Castro, eses “adeus” ás amigas, ás profesoras, ás familiares, ás paisaxes, aos fogares… e tamén ese “non sei cando nos veremos” que alude á viaxe incerta que emprenden e a esperanza de regresar.

Os discursos dos/as protagonistas, contados desde o eu máis íntimo, pretenden contrarrestrar os discursos de odio que por veces aflora sobre a poboación migrante, fomentando a construción da empatía e o empoderamento comunitario.

Entrada de balde / Actividade para todos os públicos

Künstler der Veranstaltung Information über den Veranstaltungsort Dienste hinzufügen Veranstaltung teilen
Facebook Twitter Linkedin