Lideira + Casapalma Pontevedra Lideira + Casapalma Pontevedra
Sala Rebullón
Pontevedra ES

Lideira + Casapalma Pontevedra

Einzigartige Funktion 24/10/2026

Sala Rebullón

Av. do Rebullón, nº 23, Mos, Pontevedra

Lideira (Galiza) - Presentación novo disco.

Lideira ameniza os torreiros con pezas bailables e melodías pegadizas interpretando as músicas de tradición oral cun son persoal a través da mestura de instrumentos de vento, percusións de man, voz e outras fantasías. Na voz e nas percusións está Gabi Reboredo, Lois Prado ao saxo tenor e sintetizador, Iago Ramilo ao saxo alto e Sara Méndez ao saxo soprano. Estilo e sinxeleza definen este orixinal cuarteto de música tradicional que irrompe no panorama tradi galego como un sopro de aire fresco.

Casapalma (Cantabria) Comprometidos coa recuperación da canción montañesa e coa reivindicación das coplas máis identitarias do folclore cántabro, Casapalma consolidouse como unha proposta innovadora, honesta e diferente na escena actual. Coa súa capacidade para moverse con soltura entre o ancestral e o contemporáneo, o dúo transforma a tradición nunha experiencia vibrante.

Künstler der Veranstaltung Information über den Veranstaltungsort Dienste hinzufügen Veranstaltung teilen
Facebook Twitter Linkedin