Lévame ao paraíso, de Andaravía Teatro Coruña, A
Einzigartige Funktion 17/10/2026
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Quen non querería ir ao paraíso, lonxe das preocupacións e das rutinas? Quen non querería rabuñar un chisco de felicidade?
Viaxes Don Paco ofrece todos os destinos posibles… se podes pagalos. E sempre hai persoas dispostas a poñerlle un prezo á ilusión. Nada que non se solucione con retranca e moito humor, o que se pode atopar nesta obra chea de xiros, sorpresas e risas aseguradas.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Caé Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.

