AS DESTERRADAS de Producións Teatrais Excéntricas en Outes
Varias Fechas
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
Av. San Campio, 1 15230, Serra de Outes, La Coruña
Producións Teatráis Excéntricas tiene eventos activos en este momento.
Sé el primero en enterarte del inicio de la venta de entradas para Producións Teatráis Excéntricas
Descubre sus últimas noticias, fotografías y vídeos. Déjanos tu email y no te pierdas ningún detalle.
CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharánse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden desfrutar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA
AS DESTERRADAS de Carme Varela
(25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais)
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da hierarquia eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rotinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.
A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira) dirixidas por Quico Cadaval.
Preguntas relacionadas con AS DESTERRADAS de Producións Teatrais Excéntricas en Outes
¿Dónde actúa Producións Teatráis Excéntricas?
Actuará en Auditorio Municipal da Casa da Cultura.







