ANITA MARAVILLAS&PORTAL 71: 'LA MAESTRA' en PONTEVEDRA
Varias Fechas
Praza do Rei, 1 36202, Vigo, Pontevedra
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Anita Maravillas?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Anita Maravillas.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Ficha técnica e artística:
Idea orixinal: Miren Larrea
Dirección: Iván Alonso
Deseño e construción de monicreques: Valentina Raposo
Dirección artística e técnica: Ion Chavez
Intérpretes: Miren Larrea/ Maren Basterretxea, Valentina Raposo
Música orixinal e versións: Fran Lasuen
Colaboración musical: Garazi Navas
Deseño de iluminación: Ion Chavez
Escenografía: Atx Teatroa
Deseño e realización de vestiario: Betitxe Saitua
Vestiario monicreques: Paulette San Martin
Atrezo: Jabi Tirado
Letras e cancións: Miren Amuriza
Rexistro do proceso creativo: Miren Amuriza e Malen Amenabar
Ilustracións/cartel: Malen Amenabar
Fotografía: Txelu Angoitia
Produción executiva: Iratxe Extremiana e Ivan Alonso-Portal71
Coordinación produción: Ainhoa Bernaola
Distribución: Rocío Pindado–Portal 71
Colabora: Zornotza Aretoa
Residencias en Topic Tolosa-Harrobia Bilbao-Casa de los títeres de Abizanda
Axuda en xira: Inaem–Instituto Etxepare
Subvenciona: Goberno Vasco
PREMIO FETÉN 2024 AO MELLOR ESPAZO ESCÉNICO
ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLA REDE NACIONAL DE TEATROS
Descrición:
A mestra é valente, hábil e cacarela. Cre nas capacidades dos nenos e as nenas, nas de todos e todas.
A mestra e a súa pequena clase construíron xuntos unha fermosa escola, unha escola no bosque con cabida para todos os animais.
A palabra máis querida pola nosa mestra é a liberdade, polo que quere que a súa clase creza libremente. Desgraciadamente, os maiores comezan unha guerra que obrigará aos nosos protagonistas a deixar atrás a súa soñada escola, unha escola construída desde o amor e o coidado mutuo. A historia de «A Mestra» é un intento tolo e fermoso de ser libre e feliz. A través desta historia viaxan as palabras daquelas valentes mestras e rumoréannos ao oído que a primeira condición para ser libre é tentalo.
“La Maestra” rescata a imaxe daquelas educadoras da república que floreceron como apaixonadas mestras. Conscientes de que o dereito á educación converteríanos nunha sociedade mellor, aquelas mulleres traballaron con ilusión e liberdade. A súa inquebrantable vocación fíxolles soñar e traballar por unha escola aberta a todos e todas, con innovadoras metodoloxías, baseada no ideal da solidariedade humana.
Por iso, a protagonista da nosa historia será unha valente mestra de pobo que, ademais de ensinar, cree no seu alumnado. Revoluciona o funcionamento da escola. Rompe cun pasado gris e sente parte dun cambio imparable.
Con todo, esa situación non durará máis que uns poucos anos. Un caloroso día de verán os poetas e as mestras serán castigadas pola súa xenerosidade, paixón e, sobre todo, polo seu amor á liberdade. A guerra frustrará o proxecto educativo que estaban a construír. A nosa protagonista verase obrigada a fuxir xunto aos seus estudantes, coa esperanza de poder salvar o seu futuro.
Procedencia: Euskadi
Xénero: monicreques
Idade recomendada: a partir de 6 anos
Duración: 55 minutos
Idioma: sen texto
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Preguntas relacionadas con ANITA MARAVILLAS&PORTAL 71: 'LA MAESTRA' en PONTEVEDRA
¿En qué lugar se realiza el evento ANITA MARAVILLAS&PORTAL 71: \"LA MAESTRA\" en PONTEVEDRA?
El evento se realiza en Auditorio Municipal de Vigo en Pontevedra.
¿Dónde actúa Anita Maravillas?
Actuará en Auditorio Municipal de Vigo.
¿Dónde actúa Portal 71?
Actuará en Auditorio Municipal de Vigo.
¿Dónde actúa Iván Alonso?
Actuará en Auditorio Municipal de Vigo.
Artistas relacionados
Información del recinto
Añade servicios
Compartir evento







