OUTONO CULTURAL · Tarabela Creativa "Boa sorte, mala fama" en Brión
Varias Fechas
Salón de actos do Centro Social Polivalente
Av. de Sta. Minia, 46 15865, A Coruña, La Coruña
Tarabela Creativa tiene eventos activos en este momento.
Sé el primero en enterarte del inicio de la venta de entradas para Tarabela Creativa
Descubre sus últimas noticias, fotografías y vídeos. Déjanos tu email y no te pierdas ningún detalle.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Carmen Conde, Dramaturxia: Carmen Conde, Narración oral: Carmen Conde, Elenco: Mariña Pena, Música ao vivo: Nastasia Zürcher, Voz en off actos: Antonio Otero, Voz en off avó materno: Diego Gallego, Voces en off “mafia”: Vituco Neira e David Barbas, Iluminación: Diego Gallego, Son: Ezequiel Orol, Produción: Diego Gallego, Produción executiva: Diego Gallego e Carmen Conde, Escenografía: Bieito Inc, Fotografía: Sabela Eiriz, Asesoría máxica: Mago Rafa, Coreografía: Lola Saltatore, Deseño de identidade: Hei Castro, Vestiario: Los alfileres de Elia, Asesoría xurídica: Xestiona (Santiago de Compostela), Distribución: Tarabela Creativa.
SINOPSE
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv.) Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.
Preguntas relacionadas con OUTONO CULTURAL · Tarabela Creativa "Boa sorte, mala fama" en Brión
¿En qué lugar se realiza el evento OUTONO CULTURAL · Tarabela Creativa \"Boa sorte, mala fama\" en Brión?
El evento se realiza en Salón de actos do Centro Social Polivalente en La Coruña.
¿Dónde actúa Tarabela Creativa?
Actuará en Salón de actos do Centro Social Polivalente.



