OUTONO CULTURAL · Tarabela Creativa "Boa sorte, mala fama" Brión
Various Dates
Salón de actos do Centro Social Polivalente
Avda. de Santa Minia 46 - 15865, Brión, Coruña, A
Tarabela Creativa tiene eventos activos en este momento.
Be the first to know about tickets for Tarabela Creativa
Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Carmen Conde, Dramaturxia: Carmen Conde, Narración oral: Carmen Conde, Elenco: Mariña Pena, Música ao vivo: Nastasia Zürcher, Voz en off actos: Antonio Otero, Voz en off avó materno: Diego Gallego, Voces en off “mafia”: Vituco Neira e David Barbas, Iluminación: Diego Gallego, Son: Ezequiel Orol, Produción: Diego Gallego, Produción executiva: Diego Gallego e Carmen Conde, Escenografía: Bieito Inc, Fotografía: Sabela Eiriz, Asesoría máxica: Mago Rafa, Coreografía: Lola Saltatore, Deseño de identidade: Hei Castro, Vestiario: Los alfileres de Elia, Asesoría xurídica: Xestiona (Santiago de Compostela), Distribución: Tarabela Creativa.
SINOPSE
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv.) Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.
Preguntas relacionadas con OUTONO CULTURAL · Tarabela Creativa "Boa sorte, mala fama" Brión
Where is the event OUTONO CULTURAL · Tarabela Creativa \"Boa sorte, mala fama\" Brión held?
The event takes place at Salón de actos do Centro Social Polivalente in La Coruña.
¿Where does Tarabela Creativa perform?
Performs in Salón de actos do Centro Social Polivalente.



