XXVI FESTIVAL DE TÍTERES DE NADAL: TITERES TANXARINA "A GALIÑA AZUL" a Brión
Diverses Dates
Centro Social Polivalente
Centro Social Polivalente. Avda. Santa Minia 46. Ver mapa, ,
Ficha artística
Elenco: Eduardo Cunha “Tatán“ , Miguel Borines e Andrés Giráldez
Escenografías e creación de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA
Música: Paco Martínez Barreiro
Vestiario: Carlos Alonso
Adaptación e dirección: Cándido Pazó
Texto Orixinal: Carlos Casares
Técnica: Diversas técnicas
Duración: 50 minutos
Sinopse
“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Poñen ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.”
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.
O texto de C. Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha divertida adaptación







