Un camiño ben temperado 2023 a Pontevedra
Varie date 06/09/2023
Mosteiro de Oia
, Pontevedra, Pontevedra
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Un camiño ben temperado?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Un camiño ben temperado.
Tras unha primeira edición que percorreu o camiño portugués da costa en sentido inverso para celebrar o ano xacobeo, neste 2023 retirámonos ao Mosteiro de Oia para retomar a programación de músicas fascinantes enmarcadas baixo o paraugas da interpretación históricamente informada.
O Mosteiro de Oia será o centro deste festival motivado pola grandeza que se agocha tras as os seus muros de pedra. Un conxunto patrimonial único que deslumbra pola súa historia, contorna e importancia estratéxica e que estende as súas raices á Idade Media, destacando o seu poderoso e sorprendente carácter actual e transfronterizo. Capas de tempo superpostas que percorreremos nesta semana a grazas seguindo os principios da Interpretación históricamente informada para tecer un programa que conxugue territorio, historia e reflexión que configure un paralelismo coa entre a historia do mosteiro e da música a trávés da interpretación en vivo.
Nesta edición, a danza histórica será o fío conductor destas catro xornadas de festival. Grazas a ela exploraremos o patrimonio e levaremos a música aos distintos espazos que conforman o mosteiro; Integrando música e danza de xeito natural coa vontade de celebrar a importancia da danza para a configuración e comprensión deste estilo. Unha acción que permite á súa vez descubrir e celebrar o patrimonio, xerando así lecturas novidosas nesa confluencia.





