Sinsal 2023 - Escenario Océano x FEST Galicia a Pontevedra
Funció única 29/08/2023
Mosteiro de Oia
, Pontevedra, Pontevedra
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Sinsal?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Sinsal.
Sinsal SON Estrella Galicia 2023 bota o pano cunha xornada dedicada ao océano. O martes 29 de agosto, ás 1900 horas, o Mosteiro de Oia acollerá a presentación do Escenario Océano x FEST Galicia, espazo no que resoarán os ecos do vivido hai un mes na illa de San Simón. A xornada incluirá un concerto do grupo As Donas, no que interpretarán obras escritas por compositoras do Renacemento e do BArroco, e actividades divulgativas do patrimonio histórico e natural.
Polo tipo de proposta, Sinsal recomenda a asistencia a partir de 11 anos.
Programación Escenario Océano x FEST Galicia
A primeira parte da xornada (19:00 horas) será unha actividade divulgativa que o público poderá escoller á hora de mercar a entrada.
- Unha visita guiada ao propio Mosteiro de Oia, duns 45 minutos, nos que se farán tres paradas (Praza de armas, Claustro e Patio das Laranxeiras) e contará cun número limitado de prazas (75).
- Unha experiencia inmersiva 360º, unha introdución ao mundo submarino da ría de Vigo dun xeito novidoso, accesible e minimamente intrusivo, grazas ás novas tecnoloxías. Esta actividade desenvolverase en dous momentos. Dunha parte, estará a posibilidade de visualizar unha peza audiovisual que se proxectará dos fondos mariños da ría, na que se recollerá a súa riqueza e características. Da outra, haberá á disposicion do público lentes de realidade virtual para que se poidan somerxer en augas da ría viguesa a través de imaxes 360º. Serán experiencias individuais, de tres en tres persoas, que estarán acompañadas coa interpretación das imaxes que se están a ver. A realización desta experiencia será por orde de chegada e outorgarase un número ou quenda para participar da iniciativa.
A segunda parte da xornada será o Concerto Das Donas: A pegada feminina na historia da música, actuación que ofrecerá a agrupación conformada por Pilar Moráguez (soprano), Marta López (cravo), Elena Vázquez (violín barroco) e María José Pámpano (violín barroco e dirección artística). O ensemble presentará, a partir das 20:00 horas, un repertorio de música instrumental formado, de forma exclusiva, pola obra de destacadas compositoras do século XVII e XVIII, como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou ??lisabeth Jacquet de La Guerre.
Horarios Escenario Océano x FEST Galicia
19:00-20:00 horas - Experiencia inmersiva 360º: unha introdución ao mundo submarino da Ría de Vigo
19:15-20:00 horas - Visita guiada ao Mosteiro de Oia (con 3 paradas)
20:05 horas - Concerto Das Donas
21:00 horas - Fin da actividade
TICKETS
- Entradas a 12 euros para Visita guiada + Concerto das Donas
- Entradas a 12 euros para Experiencia inmersiva 360º + Concerto das Donas
*Menores de 16, a 6 euros. Recoméndase a partir dos 11 anos.





