Quinkillada + Trapallada a Pontevedra
Diverses Dates
Sala Karma
Rúa Marqués de Riestra, 34, 36001 Pontevedra, Pontevedra, Pontevedra
Quinkillada tiene eventos activos en este momento.
Ets fan de Quinkillada
Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.
A Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova. A mestura de ritmos latinos coa rumba máis quinki fará que baile todo aquel que se deixe levar polos temas do seu primeiro disco: "Gozar, Sentir, Bailar".
Trapallada é unha banda de ska punk formada no 2004 no barrio coruñés de Monte Alto. Na súa traxectoria suman case vinte anos nos escenarios e máis de seis traballos discográficos. Mesturando ska, punk, rock ou reggae conseguen un son potente e festivo, con letras en galego que falan da realidade que os rodea, a defensa dos dereitos individuais e colectivos, o rexeitamento de actitudes fascistas, machistas e que atenten contra a liberdade das persoas. Neste momento a banda atópase na xira de presentación do seu novo disco “Eoé! Ao vivo na Pobra” que rexistra o seu concerto no Festival Entrebateas 2017. Cun directo fresco e dinámico, esta formación composta por dez músicos promete enerxía para non deixar indiferente a ninguén.
As dúas bandas presentan traballos nesta Xira de 2023.







