Neura. De producciones De Ste Xeito a Santa Comba Neura. De producciones De Ste Xeito a Santa Comba
Auditorio Edificio Multiusos, SantaComba
La Coruña ES

Neura. De producciones De Ste Xeito a Santa Comba

Diverses Dates

Auditorio Edificio Multiusos, SantaComba

Rúa de Curros Enríquez s/n, Santa Comba, Santa Comba, Coruña, A


Neura tiene eventos activos en este momento.



Ets fan de Neura

Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.



Xénero: teatro comedia

Idade recomendada: adulto (+12 años)

Idioma: galego

Duración: 75 minutos


Con  motivo da efeméride do Día Mundial da Saúde Mental (que se celebra o 10 de outubro), o Ciclo de Artes Escénicas do Concello de Santa Comba acolle o venres 11 Neura, unha comedia neurótico-festiva na que todas o todas nos veremos reflectid@s.


NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.


Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que a que fora unha parella volva atoparse en distintas circunstancias, sendo así obrigada unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.


Risas e diversión están aseguradas nesta producción gamberra pero ao memo tempo profunda.


Ficha artística e técnica:

Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal

Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías

Deseño de iluminación: Jorge Ramos Mourín

Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Produción: De Ste Xeito Producións: Stephanie Llaryora Arana e Steve Domínguez Fernández



NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.