ImproVersións sobre A Burra, a Mesa e o Pau a Santiago de Compostela
Varie date 10/04/2025
Salón Teatro de Santiago
Rúa Nova, 34,, Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Susana Sampedro?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Susana Sampedro.
Coa montaxe do CDG A Burra, a Mesa e o Pau, chega tamén unha nova aposta das ImproVersións ao Salón Teatro. Baseándose na obra de Lorena Conde, as improvisadores inspiraranse no estilo e na atmósfera da obra, así como nas suxerencias dos espectadores, para realizar variantes libres e aloucadas a redor desta nova produción. Coa direción de Antón Coucheiro e coa novísma compañía de improvisación teatral As Teimas sobre o escenario, realizaranse dúas únicas funcións, que servirán para facer de ponte entre diversos públicos, e para que a divertida linguaxe da impro dialogue cunha posta en escena teatral. Creación en directo, dramaturxia instantánea, historias efémeras, escenas irrepetibles, a outra cara do teatro. Benvidas, a impro continúa no Salón Teatro. Idea/direción: Antón Coucheiro Elenco: Susana Sampedro, Sheyla Fariña e Marta Doviro Produce: Antón Coucheiro e As Teimas
Artistes relacionats
Informació del recinte
Afegeix serveis
Compartir esdeveniment



