Dub in Soul X Spiritual Rockers X Delirium SoundSystem Coruña, A
Funció única 04/07/2026
EL INVERNADERO
C. de los Mancebos, 4, Madrid, Madrid
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Delirium?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Delirium.
O verán xa ten banda sonora! Este 4 de xullo, a cultura Sound System volta a tomar os controis da sala Gata Manda, nunha noite que vai quedar grabada para a memoria. Prepara os teus mellores pasos de baile porque nos agarda unha viaxe espiritual a través das frecuencias máis graves e puras.
Dub in Soul presenta unha sesión especial, unha noite construída arredor dunha viaxe sonora que nos levará dende a meditación do Roots Reggae, atravesando as profundidades do Dub, ata desembocar na forza imparable do Stepper.
Para esta ocasión recibimos dende Sao Paulo a Spiritual Rockers, unha das referencias actuais do dub stepppa brasileiro. Profundamente influenciado polas raíces, o seu son combina espiritualidade, conciencia e potentes liñas de baixo. As súas producións e colaboracións publicadas en selos como Steppas Records ou Trigram convertérono nun nome cada vez máis presente dentro da comunidade sound system inteacional.
Toda esta viaxe será amplificada por Delirium Sound System, un equipo artesanal construído en Galicia para honrar a tradición da cultura jamaiquina. Cunha identidade fondamente rootikal, as súas sesións beben do Roots Reggae máis consciente, do Dub máis profundo e das producións inspiradas na escola UK dos 90, sempre co foco posto na calidade do son, a vibración dos graves e a conexión coa comunidade.
ROOTS & CULTURE
HEAVYWEIGHT SOUND
POSITIVE VIBRATION
Sala Gata Manda
4 de xullo
21:00 — 03:00
Anticipada: 10€
Porta: 12€
BENVINDAS TODAS AS TRIBUS
ONE LOVE!





