D'SUPETO NA SALA GARUFA Coruña, A
Funció única 20/09/2026
Sala Garufa Club
Rúa Riazor Nº 5, A Coruña, Coruña, A
D´Súpeto presenta na Coruña a súa proposta de folk galego acústico
D'Súpeto é unha nova banda galega dedicada a reinterpretar a música tradicional desde unha perspectiva contemporánea e creativa. Altean versións de temas tradicionais coas súas propias composicións, creando un son fresco e auténtico.
Os membros da banda son veteráns experimentados da escena folk galega; entre outros proxectos (Milladoiro, DOA, Susana Seivane, Roi Casal, Pentalfa, Andrés Penabad...
) tocaron xuntos no lendario grupo Citania e decidiron embarcarse nunha nova aventura que explorase novas vías da súa creatividade tras o lanzamento do último álbum de Citania.
O seu debut oficial tivo lugar na 12.
ª edición do Noia Harp Fest 2025, un dos festivais inteacionais de arpa máis recoñecidos, nun concerto moi agardado polos amantes da música de raíz, e desde entón levan interpretando a súa música en diversos escenarios do país. Foron semifinalistas do Certame Runas do Festival de Ortigueira e son finalistas da actual edición do Folkez Blai de Ermua (dos máis prestixiosos certames de música de raíz a nivel estatal)
O seu son continúa evolucionando cara a un estilo máis contemporáneo, mentres sempre se inspira en melodías tradicionais, cancioneiros e nas súas propias composicións.
O grupo atópase actualmente na fase de preprodución do que será o seu primeiro álbum.





