"Degustación de imposibles" de Joshua Kenneth en Lalín. Show de magia familiar a Pontevedra "Degustación de imposibles" de Joshua Kenneth en Lalín. Show de magia familiar a Pontevedra
Auditorio Municipal de Lalín
Pontevedra ES

"Degustación de imposibles" de Joshua Kenneth en Lalín. Show de magia familiar a Pontevedra

Funció única 14/11/2026

Auditorio Municipal de Lalín

Rúa Banda de Música de Lalín, s/n, 36500 Lalín, Pontevedra, LALÍN , Pontevedra

Joshua Kenneth é un artista inteacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia.

Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie estadounidense Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.

A súa maxia foi recoñecida en importantes competicións de Portugal, Bulgaria e Italia, acadando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.


Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos, e nesta selección de imposibles, a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos, como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. Setenta minutos de abraio, humor e misterio, mesturados cun chisquiño de historia do ilusionismo.

Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador, convidándoo a entrar nun mundo no que todo é susceptible de ser transformado, onde nada é imposible.


Atréveste?