"Coliño" A XANELA DO MAXÍN (GALICIA) a A Coruña
Diverses Dates
Teatro del Andamio
calle Suárez Ferrín 10 Bajo, A Coruña, Coruña, A
A XANELA DO MAXÍN tiene eventos activos en este momento.
Ets fan de A XANELA DO MAXÍN
Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.
COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.
O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura…cargado de seguridade e amor.
COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.
COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe…
A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos.
COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa.
COLIÑO somos moitas e moitos.
Idades: De 0 a 3 anos
Duración: 40 min.
A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.





