Catas nos Ecobarcos a Ourense
Diverses dates (25/09/2026 - 27/09/2026)
Parque Náutico de Castrelo de Miño
, ,
CATAS NOS ECOBARCOS, na Ruta do viño do Ribeiro.
Os días 25, 26 e 27 de setembro, podes disfrutar dunha viaxe nun ECOBARCO, totalmente eléctrico, saíndo do embarcadoiro de Castrelo de Miño, Ourense.
A actividade consta dun itinerario polo encoro de Castrelo de Miño, cunha duración entre 60 e 75 minutos, disfrutando a maiores dunha cata de viños da DO Ribeiro e duns pequenos petiscos para a maridaxe.
Datas e Horarios:
Venres 25 setembro ás 17:30h
Sábado 26 setembro ás 19:30h.
Domingo 27 setembro ás 12:00h.
Entradas:
9 euros por participante. Os menores de 14 anos non pagan entrada.
** Os asistentes estarán acompañados dun representante dunha adega da DO Ribeiro, que dirixirá a cata dos viños.
** O número máximo de asistentes por barco é de 5 persoas.

