AS AVENTURAS DE GALE a LOUSAME
Diverses Dates
CASA DA CULTURA SANTEIROS DE CHAVE
CASA DA CULTURA SANTEIROS DE CHAVE. BOUCIÑAS S/N , PORTOBRAVO 15214. Ver mapa, ,
Ventura tiene 1 eventos activos en este momento. VER EVENTOS DISPONIBLES
Ets fan de Ventura
Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.
As Aventuras de Gale é un espectáculo de monicreques con música en vivo e no que a Lingua Galega, en forma de Gale, conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia, para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.
Unha historia chea de aventuras e desventuras, que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.
Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento, e por iso mesmo precisa da nosa axuda.
Idades: Dende os 6 anos
Duración: 55 min.
Ficha Artística
Dirección, actriz e titiriteira: Celtia Figueiras
Acordeón: Vadim Yukhnevich
Guitarra e frauta: Mauricio Caruso
Iluminación: Fernando Martínez de Vega
Texto: Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séchu Sende





