As alumnas, de Culturactiva a Santa Comba
Diverses Dates
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Anabell Gago tiene eventos activos en este momento.
Ets fan de Anabell Gago
Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.
Premio Nacional de Literatura Dramática 2023
Premio Follas Novas 2023 ao mellor libro de teatro
Premio Luisa Villalta a proxectos por la igualdade
Para dar relieve ao importante Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, propoñemos As alumnas, unha celebrada obra ganadora de varios recoñecementos a nivel nacional, pero sobre todo acollida con admiración e agarimo polo público.
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.
A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas repre-sentan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
As Alumnas é unha montaxe teatral que propón unha fábula potente que transita pola memoria histórica e que se tece con vimios temáticos tan vizosos como o son a anovación pedagóxica, tanto en Galicia como no estado, da que María Barbeito foi abandeirada; o exilio interior ao que foi sometida tralo proceso de depuración do que, como tantos outros intelectuais galegos, foi víctima, e a sororidade entre as tres protagonistas da peza como estratexia de supervivencia nunha sociedade machista e patriarcal. Buscamos facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/estético que se complementa coa participación de espectadores activos.
FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA
AUTORA: Paula Carballeira
DIRECTORA: Fina Calleja
ELENCO: Mónica Camaño e Anabell Gago
VESTIARIO: La Canalla
ESCENOGRAFÍA: Carlos Domínguez Del Río
COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN: Rosalía Macías
DESEÑO IMAXE E MATERIAL GRÁFICO: Rocío Cibes
COORDINACIÓN PRODUCIÓN: Fran Rei
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Culturactiva S. Coop. Galega
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.





