A Coruña Dub Club Vol.09 a (A Coruña) Alvedro A Coruña Dub Club Vol.09 a (A Coruña) Alvedro
La Gata Manda
ES

A Coruña Dub Club Vol.09 a (A Coruña) Alvedro

Diverses Dates

La Gata Manda

Rúa José Espronceda, 15A, 15180 Alvedro, A Coruña, (A Coruña) Alvedro, Coruña, A

Dub Club

Entérate antes que nadie

¿Quieres ver a Dub Club?

Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Dub Club.

Comeza o curso 25-26, rapazada!


Estamos moi contentas de anunciar o que pode ser o novo fogar dos bailes de ACDC este curso La Gata Manda, no polígono de Alvedro, a un paso do aeroporto.


E para a estrea…

Chega un son que non precisa presentación:

The Big Bad Sound from A Coruña – Soundkilla Soundsystem

O primeiro sistema de son artesanal de Galiza, con máis de 10 anos facendo tremer o país a base de dubplates, disposto a facer vibrar La Gata Manda por primeira vez!


Pero isto non remata aquí…

Dende o outro lado do charco chega Greenselector , cunha maleta chea de clásicos do soundsystem brasileiro e o seu inconfundible estilo de rub-a-dub specialist.


E como non, na casa estará Bassdealer (ACDC), lista para pechar a noite cunha selección poderosa que xa coñecedes ben.


Na Gata Manda teredes bocadillos e servizo de bar para repoñer forzas durante a noite.

Lembrade: aforo limitado, xentiña!


Novo espazo, novo estilo, novo curso!


13/09/2025

20:00 – 03:00

Anticipadas: 8 € (Entradium)

Porta: 10 €

Artistes relacionats Informació del recinte Afegeix serveis Compartir esdeveniment
Facebook Twitter Linkedin