VIGO E AS LETRAS GALEGAS VIGO E AS LETRAS GALEGAS
Centro historico de Vigo
La plaza de la iglesia concatedral en el Casco Vello Vigo Vigo ES

VIGO E AS LETRAS GALEGAS

Varias Fechas

Centro histórico de Vigo

La plaza de la iglesia concatedral en el Casco Vello 36202, Vigo, Vigo


VIGO E AS LETRAS tiene eventos activos en este momento.



Sé el primero en enterarte del inicio de la venta de entradas para VIGO E AS LETRAS

Descubre sus últimas noticias, fotografías y vídeos. Déjanos tu email y no te pierdas ningún detalle.



Un percorrido polo centro histórico coñecendo os personaxes e fitos que fixeron da cidade o eixo do anovamento das letras e a cultura galega. Un paseo de dúas horas a pé no que descobriremos un Vigo case descoñecido, o Vigo coma xerme dun sentimento que revitalizou e sacou do esquecemento a nosa cultura.

Unha nova ruta polo centro de Vigo para vigueses e viguesas así como para curiosos que queiran saber máis sobre VIgo como a cidade motor e capital das letras galegas dende os anos 50. Unha década na que Galicia asiste a unha explosión cultural cun lugar como epicentro da acción, Vigo. Unha cidade aberta e cosmopolita, gracias ao seu porto, onde coinciden uns homes e mulleres decididos a recuperar e espallar a lingua e cun alicerce intelectual fundamental chamado Francisco Fernández del Riego, don Paco para os máis achegados, que neste 2023 é ademais a figura homenaxeada no día Das Letras Galegas.

Un roteiro cultural necesario para entender máis e mellor o lugar onde vivimos, un Vigo coma berce da língua con aqueles sobranceiros trobadores da alta Idade Media que xa foron homenaxeados de xeito conxunto no ano 1998, a única homenaxe colectiva que ten habido ata agora. Un Vigo coma porto e cidade de progreso e oportunidades onde Rosalía atopou a imprenta precisa para publicar os seus sentimentos pola terra, e, sobre todo, o Vigo dos 50’ e a figura de Fernández del Riego, coma elo que une o galeguismo das Irmandades da Fala ata a chegada da democracia e os nosos días. Un personaxe moi singular e querido que deixou unha grande pegada na cidade e os lugares que acostumaba frecuentar e que nós agora visitaremos aportando datos e anécdotas.

Descobre e sorprende co Vigo galeguista de nomes e figuras tan populares coma Manuel Gomez Román, Xose María Álvarez Blázquez, Valentín Paz Andrade, Fermín Penzol, Tita Cal ou a editorial Galaxia. Un Vigo considerado como gran capital do galeguismo da época e que aínda que non é moi sabido, agocha un tesouro na praza da Princesa, a biblioteca e os fondos documentáis da Casa Galega da Cultura, que grazas ás donacións de Fermín Penzol e Fernandez del Riego pode considerarse hoxe como unha das tres máis importantes de Galicia e centro de consulta imprescindible para los investigadores de la realidad histórica y actual gallega en sus diversas manifestaciones..

Co apoio e coordinación do guía oficial Borja Concheiro, guía especializado en cultura e historia de Vigo que tamén aporta os seus coñecementos e experiencia.
 
O punto de partida será a Praza da Princesa xunto á Praza Porta do Sol para rematar aproximadamente dúas horas despois na Alameda ou Praza Compostela.


Prezo por persoa (IVE incluído)

     Adultos: 10 €
     Adolescentes (de 12 a 18 anos): 7€
     Menores de 12 anos: de balde (previa reserva)


O prezo inclúe

     Ruta guiada e interpretada polo centro de Vigo
     Guías acreditados e expertos en historia e curiosidades da cidade
     Seguro de responsabilidade civil


Máis información

     Duración da visita: 2 horas aprox.
     En grupos de 30 persoas como máximo ou o que permitan as restricións sanitarias
     Idioma: galego
     Punto de encontro: Praza da Princesa xunto á fonte do Anxelote
     Visita accesible e inclusiva
     Pago seguro con tarxeta a través de Banco Sabadell Gallego (crédito ou débito)


Contacto

     Vigo Turístico
     www.vigoturistico.com
     Whatsapp/Teléfono: 654 22 69 94
     [email protected]


Condicións xerais do servizo

     As visitas guiadas que non acaden un número mínimo de 5 inscricións poderán ser canceladas cun mínimo de 2 horas de antelación e aviso previo.
     A cancelación da visita por parte da organización será a única causa admitida para a devolución do importe correspondente.
     Non se aceptarán cambios ou devolucións por outros motivos.

Preguntas relacionadas con VIGO E AS LETRAS GALEGAS

¿En qué lugar se realiza el evento VIGO E AS LETRAS GALEGAS?

El evento se realiza en Centro histórico de Vigo en Vigo.

Artistas relacionados
Información del recinto Añade servicios Compartir evento
Facebook Twitter Linkedin