Síbaris en PONTEVEDRA
Varias Fechas
Praza do Rei, 1 36202, Vigo, Pontevedra
Xénero: Teatro
Idioma: Galego
Idade recomendada: Adultos
Duración: 95 minutos
Prezo da entrada: 8 €
Ficha artística e técnica:
Elenco: Carlos Blanco Vila, María Belén Martínez Constenla, Oswaldo Digón Alba, Pablo Novoa Cid.
Dirección: Lois Blanco Araúxo.
Deseño de luz: Daniel Rodríguez Juncal.
Escenografía: Marta Villar Sanjurjo.
Música: Pablo Novoa Cid.
A obra:
Síbaris é a primeira obra de teatro escrita por Domingo Villar, autor de recoñecido prestixio das letras galegas cuxas obras están traducidas a varios idiomas e adaptadas ao cine e a televisión.
Sinopse:
Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.
Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.
A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan con cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca a carón do espazo destinado a PMR)
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Co obxecto de fomentar a asistencia aos espectáculos de artes escénicas da mocidade, o público menor de 25 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas adquiridas anticipadamente a través de Internet, co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio Municipal poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade)
Preguntas relacionadas con Síbaris en PONTEVEDRA
¿En qué lugar se realiza el concierto Síbaris en PONTEVEDRA?
El concierto se realiza en Auditorio Municipal de Vigo en Pontevedra.
¿Dónde es el concierto de Sibaris?
El concierto es en Auditorio Municipal de Vigo.
Artistas relacionados
Información del recinto
Añade servicios
Compartir evento







