A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2019 en A Estrada
Varias Fechas
Curro de Sabucedo (A Estrada)
Lugar de Sabucedo, S/N, 36684 A Estrada, Pontevedra, ES, ,
A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2019Non perdas A Rapa Das Bestas 2019 os próximos sábado 6, domingo 7 y luns 8 do xullo do 2019 na Curro de Sabucedo de A Estrada a partir das 19:00 horas e das 12:00 horas.A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que se remonta ao século XVI, hoxe declarada de Interese Turístico Internacional.Celébrase cada ano comezando o 1º venres do mes de xullo. Con milleiros de visitantes, é a día de hoxe, unha das celebracións máis importantes e sobranceiras de toda Galicia, convertíndose xa nun auténtico icono. A celebración posúe unha grande tradición cultural, etnográfica, paisaxística e popular.Comeza coa baixa das bestas o venres (este ano día 5 de xullo). Dende moi cedo os participantes (visitantes incluidos) parten aos montes para reunir as distintas mandas e baixalas logo ao pobo. Os eventos centrais da celebración son os curros do sábado día 6 de xullo ás 19:00 horas e o domingo e luns 7 e 8 de xullo ás 12:00 horas.Celébranse nunha construcción de pedra semicircular chamado “Curro” no lugar de Sabucedo (A Estrada-Pontevedra), onde, usando técnicas ancestrais que non inclúen ningún tipo de artiluxio, lévase a cabo unha loita corpo a corpo (home-besta) que conclúe coa a inmobilización do animal e o rapado das súas crins sen que este sufra ningún tipo de dano. Finalmente as eguas salvaxes que foran traidas a Sabucedo na xornada do venres día 5 serán postas en liberdade o luns día 8 de xullo para que regresen á súa vida en liberdade nos montes da comarca.Tamén concertos e unha ampla axenda de actos culturais teñen lugar durante toda a fin de semana e para todos os públicos, dende nenos ate os máis maiores.Máis información en www.rapadasbestas.galHorarios:Sábado: Apertura taquillas 17:30h | Apertura portas 18:00h | Comezo curro 19:00hDomingo: Apertura taquillas 10:30h | Apertura portas 11:00h | Comezo curro 12:00hLuns: Apertura taquillas e portas 11:00h | Comezo curro 12:00hImportante: os asentos non están numerados.Entradas para A Rapa Das Bestas 2019 na Curro de Sabucedo de A EstradaAs entradas para A Rapa Das Bestas 2019 na Curro de Sabucedo de A Estrada teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión.
Preguntas relacionadas con A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2019 en A Estrada
¿En qué lugar se realiza el concierto A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2019 en A Estrada?
El concierto se realiza en Curro de Sabucedo (A Estrada) en Pontevedra.
¿Dónde es el concierto de Estrada?
El concierto es en Curro de Sabucedo (A Estrada).
¿Dónde es el concierto de A RAPA DAS BESTAS?
El concierto es en Curro de Sabucedo (A Estrada).







