“OS DOUS DE SEMPRE” de Mofa e Befa Coruña, A
07/11/2026
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
Av. San Campio, 1 15230, Serra de Outes, La Coruña
CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de caé xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou caé xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE DA OBRA
Inspirada na obra homónima de Castelao, OS DOUS DE SEMPRE é a historia de Pedriño e Rañolas, dous personaxes contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto club, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor.
Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademais, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, tolos e animais compoñen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturí do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.
Preguntas relacionadas con “OS DOUS DE SEMPRE” de Mofa e Befa Coruña, A
¿En que fecha se realiza el evento “OS DOUS DE SEMPRE” de Mofa e Befa Coruña, A?
La fecha del evento es 07 de Noviembre.

