TALÍA TEATRO: 'UN DEUS SALVAXE' en PONTEVEDRA
Varias Fechas
Praza do Rei, 1 36202, Vigo, Pontevedra
* VENRES 28 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00 H.
TALÍA TEATRO: “UN DEUS SALVAXE”
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adulto
Duración: 70 minutos
Idioma: galego
Prezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Autora: Yasmina Reza
Versión e Dirección: Artur Trillo
Elenco: María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música orixinal: Manu Abraldes
Sinopse:
Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver.
Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e analiza, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,... pero, sobre todo, o exceso de corrección política.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Preguntas relacionadas con TALÍA TEATRO: 'UN DEUS SALVAXE' en PONTEVEDRA
¿En qué lugar se realiza el concierto TALÍA TEATRO: \"UN DEUS SALVAXE\" en PONTEVEDRA?
El concierto se realiza en Auditorio Municipal de Vigo en Pontevedra.
¿Dónde es el concierto de dEUS?
El concierto es en Auditorio Municipal de Vigo.
Artistas relacionados
Información del recinto
Añade servicios
Compartir evento

