TALÍA TEATRO: 'UN DEUS SALVAXE' a PONTEVEDRA
Diverses Dates
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
* VENRES 28 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00 H.
TALÍA TEATRO: “UN DEUS SALVAXE”
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adulto
Duración: 70 minutos
Idioma: galego
Prezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Autora: Yasmina Reza
Versión e Dirección: Artur Trillo
Elenco: María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música orixinal: Manu Abraldes
Sinopse:
Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver.
Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e analiza, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,... pero, sobre todo, o exceso de corrección política.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Artistes relacionats
Informació del recinte
Afegeix serveis
Compartir esdeveniment

