SOCIÉTÉ MOUFFETTE&COMA14: 'CUENTO DE NAVIDAD encapsulando a Dickens' PONTEVEDRA
Diverses dates
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
Cuento de Navidad tiene 1 eventos activos en este momento. VER EVENTOS DISPONIBLES
Vous êtes fan de Cuento de Navidad
Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.
SOCIÉTÉ MOUFFETTE&COMA14: “CUENTO DE NAVIDAD encapsulando a Dickens”
ESPECTÁCULO EN ESCENARIO CON BANCADA
AFORO SÚPER REDUCIDO
Procedencia: Illas Baleares e Madrid
Xénero: teatro de obxectos e monicreques
Idade recomendada: a partir de 6 anos
Duración: 40 minutos
Idioma: castelán
Prezo da entrada: 3 €
Ficha técnica e artística:
Autoría: Charles Dickens
Dramaturxia: Vera González e Tolo Ferrà
Dirección e Creación Audiovisual: Tolo Ferrà
Deseño Escenografía: Amaya Cortaire
Composición Musical e Espazo Sonoro: Iñaki Rubio
Intérprete: Vera González
Construción Escenografía e Atrezo: Amaya Cortaire e Elena C. Galindo
Deseño Gráfico: Nuria Gondíaz
Fotografía e Vídeo: Josep Alorda
Produción: Coma14 / Société Mouffette
Coas axudas de Icib / Consell de Mallorca
Sinopse:
A obsesión dunha moza con Cuento de Navidad fixo que desde pequena busque a forma perfecta de contar a historia de Dickens. Unha obsesión nada dunha insólita tradición familiar que iniciou a súa avoa: cada ano un membro da familia compra unha edición diferente do libro que deben ler xusto antes da cea de Noiteboa.
A través de maquetas, obxectos e mecanismos; e provista dunha proximidade e un relato íntimo, fainos revivir a noite na que a Scrooge lle cambiou a vida, e colócanos nun presente no que a literatura e a arte teñen o poder de iluminar os nosos días.
O señor Scrooge é un vello avaro e roñón. Non coñece a compaixón nin a caridade, ten o carácter agre e un corazón duro como unha pedra que non se abranda nin cando chega o Nadal. Pronto recibirá a visita inesperada de tres espíritos que o acompañarán nunha viaxe reveladora á súa nenez, o seu presente e o seu futuro. E o que descubrirá cambiaralle a vida. Hai historias que nos cambian por dentro para sempre, a miña é esta, Cuento de Navidad de Charles Dickens. Un ano a miña avoa Jacinta decidiu que iamos ler o libro antes da cea de Noiteboa e sen darse conta converteuno nunha tradición familiar.
Agora tócame a min contarvos a historia de Scrooge. Para facelo ideei un mecanismo sorprendente no meu taller, e creo que por fin está listo, ou case...
Artistes de l’événement
Informations sur le lieu
Ajouter des services
Partager l’événement

