SARABELA TEATRO: 'A METAMORFOSE' PONTEVEDRA
Various Dates
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
SARABELA TEATRO tiene eventos activos en este momento.
Be the first to know about tickets for SARABELA TEATRO
Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.
* SÁBADO 29 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00 H.
SARABELA TEATRO: “A METAMORFOSE”
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro contemporáneo
Idade recomendada: adulto (+14)
Duración: 65 minutos
Idioma: galego
Prezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Dirección: Carlos Álvarez Ossorio
Versión: Carlos Álvarez Ossorio
Elenco: Sabela Gago, Fina Calleja. Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fer González
Deseño de Iluminación e escenografía: Baltasar Patiño
Deseño de vestiario: Sarabela Teatro
Asesoramento vestiario: Ruth Díaz Pereira
Dramaturxia do movemento: Nuria Sotelo e Rut Balbis
Campo Sonoro: Renata Codda Fons
Distribución: Culturactiva / Sarabela Teatro
Sinopse:
Gregor Samsa leva cinco anos ocupándose da mantenza da súa familia, dende que morreu seu pai. Un día, Gregor esperta e sente que xa non pode máis. Incapaz de levantarse da cama, o mundo preséntaselle como un lugar inhóspito e agresivo. A familia intenta comunicarse con el, pero todos os seus intentos son inútiles.
As tres mulleres -avoa, nai e irmán- que viven endebedadas e que dependen de Gregor para sobrevivir, entran en pánico ante a expectativa de non poder recuperarse da quebra financeira causada polo pai desaparecido. Tentarán manter a orde e a normalidade con distintas estratexias, todas elas inútiles.
A mirada da familia irá animalizando a Gregor, que se vai sentindo como un parasito. Para elas, el non é máis que un becho e el mesmo acabará aceptando a súa condición de monstro.
A Metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou achega.
Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? Ou para os demais? Temos dereito a cambiar, a transformarnos, en calquera momento da nosa vida?
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Preguntas relacionadas con SARABELA TEATRO: 'A METAMORFOSE' PONTEVEDRA
Where is the event SARABELA TEATRO: \"A METAMORFOSE\" PONTEVEDRA held?
The event takes place at Auditorio Municipal de Vigo in Pontevedra.
¿Where does SARABELA TEATRO perform?
Performs in Auditorio Municipal de Vigo.
Related artists
Location information
Additional services
Share event



