"Debulendo lendas galegas" TARABELOS TEATRO (GALICIA) Coruña, A
Einzigartige Funktion 17/05/2026
Teatro del Andamio
calle Suárez Ferrín 10 Bajo, A Coruña, Coruña, A
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a TARABELOS TEATRO?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de TARABELOS TEATRO.
Recollemos a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se poden ver, tocar, manipular, vestir... Pero, que significa “debuler”? Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega... o valor para loitar pola vida... o valor da axuda dada e recibida... o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!... o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles... o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada... e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala... Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “Debuler”.
ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA NEN@S A PARTIR DOS 4 ANOS.
DURACIÓN APROXIMADA: 50 MINUTOS

