REDRUM TEATRO: 'SOPHIE NON É O MEU NOME DE GUERRA' PONTEVEDRA
Verschiedene Termine
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
* SÁBADO 22 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00 H.
REDRUM TEATRO: “SOPHIE NON É O MEU NOME DE GUERRA”
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro contemporáneo
Idade recomendada: adulto (+16)
Duración: 85 minutos
Idioma: galego
Prezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Elenco: Camille Hedouin e Alixa Ladson
Dirección: Laura Míguez
Autor: Roberto Pascual
Axte dirección: Atenea Garcia
Escenografía e iluminación: As dúas e punto
Videocreación: Judith Adataberna
Movemento: Mariel Teixeira González
Espazo sonoro: MounQup
Confección vestiario: Ousseynou Gueye
Fotografía cartel: Rosiña Rojo
Material promocional: Alex Sampayo
Asistencia técnica: Carlos Álvarez-Ossorio
Prensa: Alberto Ramos
Produción: Redrum Teatro
Distribución: Guillermo Carbajo
Sinopse:
A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.
O espectáculo:
Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña. A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizais en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia. Camiñaremos coa protagonista a través da súa travesía vital e no mapa, desde Yaoundé, capital de Camerún, ata A Coruña. Unha viaxe pola riqueza da cultura popular de África, pola burocracia das políticas migratorias e pola escravitude sexual.
O obxectivo principal deste espectáculo é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fins de explotación sexual. A peza afonda nas conexións humanas, familiares, de amizade e de parella de Sophie, unha muller cunha personalidade chea de matices, fuxindo do estereotipo e da revictimización. Descubrindo o amplo prisma da maternidade: como desexo e como instrumento.
Na súa forma escénica trátase dunha proposta contemporánea onde os recursos audiovisuais se mesturan cos elementos poéticos e o teatro textual. A atmosfera xerada polo espazo sonoro e escénico mergullará ás espectadoras na viaxe de Sophie.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Künstler der Veranstaltung
Information über den Veranstaltungsort
Dienste hinzufügen
Veranstaltung teilen



