“Esas cousas maravillosas” EMPATÍA TEATRO (GALICIA) a A Coruña “Esas cousas maravillosas” EMPATÍA TEATRO (GALICIA) a A Coruña
Teatro del Andamio
Galicia ES

“Esas cousas maravillosas” EMPATÍA TEATRO (GALICIA) a A Coruña

Diverses Dates

Teatro del Andamio

calle Suárez Ferrín 10 Bajo, A Coruña, Coruña, A

Empatía Teatro

Entérate antes que nadie

¿Quieres ver a Empatía Teatro?

Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Empatía Teatro.

ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA ADULTOS A PARTIR DOS 14 ANOS 

DURACIÓN: ARREDOR DOS 65 MINUTOS.

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man.


Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:


«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.


Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.


1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.


Deixa a lista na almofada de mamá co titulo “Todas esas cousas marabillosas”…Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.


Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven ca axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.


É unha peza tenra, emocionante e divertida.


É unha comedia sobre a depresión e o suicidio


É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.