MACHI SALGADO: 'O ESPÍRITO DE VANIA' a PONTEVEDRA
Diverses Dates
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Machi Salgado?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Machi Salgado.
* VENRES 21 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00 H.
MACHI SALGADO: “O ESPÍRITO DE VANIA”
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adulto (+14)
Duración: 85 minutos
Idioma: galego
Prezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Interpretación: Machi Salgado
Espazo sonoro e música en escena Rubén Abad
Dramaturxia: Carlos Álvarez-ossorio e Machi Salgado
Revisión lingüística: Fran Godón
Axudante de dirección: Rubén Porto
Asesoría de movemento Alba blanco
Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
Vídeo promocional: Fon Cortizo
Prensa e Comunicación: Aberto Ramos
Produción : Escénate, Kante producciones e Machi Salgado
distribución: Escénate e Machi Salgado
Sinopse:
Un actor e un músico entran nun espazo en ruínas. Os espíritos dos personaxes do Tio Vania de Chekhov habitan o corpo do actor para contar a súa historia, intentando entender o que aconteceu naquel lugar, unha vella casa galega onde a rutina, os desexos non correspondidos e os soños rotos marcan o paso do tempo. Un afondamento na capacidade de resistencia do ser humano e na súa desconexión coa terra e a natureza. Unha proposta intimista con música en directo na que conviven o tráxico e o cómico e onde cada elemento da escena ten vida propia.
Chékhov segue sendo un autor contemporáneo que nos interpela directamente, e Tío Vania é unha obra á que sempre vale a pena volver. O noso reto é contar esta historia dunha maneira persoal e renovada, cunha mirada libre de prexuízos, coma se descubrísemola por primeira vez.
Queremos que o público máis novo atope nela unha voz actual e que quen coñeza a obra descubra novos matices. A través de Tío Vania, conectamos coas inquietudes do mundo actual e da sociedade galega: a crise dun sistema que se esgota, o feminismo, o ecoloxismo, as desigualdades sociais ou a precariedade económica. Chékhov observa o colapso da súa época desde a intimidade, convertendo a crise do sistema nunha crise persoal.
A aparente sinxeleza da obra esconde múltiples capas e lecturas. Cada nova lectura ofrece unha perspectiva distinta, facendo que Tío Vania sempre sexa unha obra por descubrir.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Artistes relacionats
Informació del recinte
Afegeix serveis
Compartir esdeveniment

